• Avda. Dolores Mosquera, 6 - Caldas de Reis - Pontevedra
  • 606 388 484
  • info@ametsxestion.gal
  • Galego
  • Castellano
  • Inicio
  • Novas
  • Inicio
  • Novas
  • Galego
  • Castellano
Amets Xestión | Caldas de Reis - Asesoramiento notarial Caldas de Reis - Asesoramiento registral Pontevedra - Gestión Testamentos Caldas de Reis - Asesores Caldas de Reis - Gestores Caldas de Reis -  Asesoría Caldas de Reis - Gestoría Caldas de Reis - Mediciones y tasaciones - Impuestos Caldas de Reis

Reforma do imposto de sucesións en Galicia 2016

Desde o 1 de xaneiro de 2016 coa entrada en vigor da Lei 13/2015, modifícase en Galicia o imposto de sucesións, con importantes vantaxes para os herdeiros e para planificar a sucesión e transmitir os bens a fillos ou cónxuxe,  mediante a apartación e mellora da herdanza en vida, cunha redución moi importante na tributación. Esta reforma do imposto de sucesións en Galicia 2016 ten as seguintes vantaxes.

Novidades e vantaxes da reforma

  • Elévase en Galicia o mínimo exento de tributación no imposto de sucesións a 400.000 euros para ascendentes e descendentes, fronte aos anteriores 125.000 euros por cada herdeiro.
  • Auméntase a redución por parentesco, para descendentes e adoptados, de ata un millón de euros.
  • Redución por adquisición da vivenda habitual do causante mortis causa, polos seus descendentes ou adoptados, ascendentes ou adoptantes e colaterais, por consanguinidade, cun límite de 600.000 euros, e unha redución dun: 99% (Vivenda ata 150.000 euros), 97% (vivenda entre 150.001 e 300.000 euros) e 95% se o valor da vivenda é superior a 300.000 euros. Se a adquisición corresponde ao cónxuxe, a redución será do 100%.
  • Dedución na cota tributaria do 99% para descendentes e adoptados menores de 21 anos.

Por tanto, herdar a vivenda habitual dos pais, unha leira no pobo e algo de diñeiro nunha conta bancaria, para os fillos non suporá o pago de cantidade algunha en concepto de imposto de sucesións, neste caso terase que presentar o modelo 650 detallando os bens e os datos persoais.

Máis información en Reforma do imposto de sucesións en Galicia 2016:

Imposto de sucesións e donacións en Galicia (Axencia Tributaria de Galicia)

Podes consultarnos para planificar a herdanza, ou tramitación do imposto de sucesións e beneficiarte da reforma do imposto de sucesións en Galicia 2016.

Comments are closed.

Amets Xestión | Caldas de Reis – Asesoramiento notarial Caldas de Reis – Asesoramiento registral Pontevedra – Gestión Testamentos Caldas de Reis – Asesores Caldas de Reis – Gestores Caldas de Reis –  Asesoría Caldas de Reis – Gestoría Caldas de Reis – Mediciones y tasaciones – Impuestos Caldas de Reis © Amets Xestión 2017. info@ametsxestion.gal
Close

Uso de cookies. Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies anteriormente mencionadas e aceptación da nosa política de cookies ///// Uso de cookies. Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.