Documentación Básica
Capitulacións Matrimoniais.
- Se é de solteiros que van contraer matrimonio: D.N.I. dos dous.
- Se é de casados: DNI de ambos e libro de familia. Se ademáis van facer liquidación da sociedade de gananciais: títulos dos bens que vaian liquidar, esquema de valores e repartos .
Compravenda de bens inmobles.
- D.N.I de comprador e vendedor; se son Sociedades os poderes correspondentes ou a vixencia do cargo do Representante.
- Título orixinal (escritura) de propiedade dos vendedores.
- Certificado que se atope ó día no pago dos gastos da Comunidade.
- Derradeiro recibo do I.B.I.
- Gastos: A cargo do comprador o imposto e os gastos de Notaría e Rexistro. A cargo do vendedor a Plusvalía e I.B.I. do ano en curso.
Compravenda de accións ou participacións en sociedades mercantís.
- Título de propiedade do vendedor.
- D.N.I. dos compradores e vendedores e no seu caso poderes da sociedade ou vixencia do cargo do representante.
- Estatutos da sociedade emisora das accións ou participacións.
Constitución de Sociedades.
- D.N.I. dos socios constituintes, no caso de sociedades poderes do seu representante.
- Certificación de denominación vixente (2 meses desde a data de emisión)
- Certificación bancaria de ingreso do capital social desembolsado vixente (2 meses desde a data de emisión)
- Capital mínimo en S.L.N.E. 3.012 €, Máximo 120.202 €
- Para iniciar os trámites de constitución dunha S.L.N.E. deberá dirixirse ao CIRCE.
- Capital mínimo nunha S.R.L., 3.005,06 €
- Capital mínimo nunha S.A., 60.101,21 €
O CIF pode solicitalo na propia Notaría, na cal lle entregarán o provisional no instante da firma. Tamén o pode solicitar por anticipado na correspondente delegación de facenda ou ben unha vez constituida a sociedade coa copia simple da escritura de constitución.
Actas de declaración de herdeiros ab intestato.
Notario hábil para actuar: o do lugar no que tivera o causante o seu derradeiro domicilio en España ou os distritos colindantes.
- D.N.I. do que promove a acta que ten que ser descendente, ascendente ou cónxuxe do defunto (abonda con que sexa unha soa persoa para a acta, aínda que para a herdanza terán que asinar todos os declarados herdeiros).
- Certificado de defunción.
- Certificado de Derradeiras Vontades.
- Certificado literal de matrimonio do defunto se estaba casado.
- Certificados literais de nacemento dos fillos e libro de familia.
- D.N.I. ou certificado de empadronamento do defunto para comprobar o derradeiro domicilio.
- 2 testigos que coñeceran o defunto.
- Prazo: 6 meses desde o falecemento.
Iniciada a acta, hai que esperar 20 días, transcorridos os cales se pode facer a aceptación de herdanza.
Sucesión Testamentaria.
- Prazo 6 meses desde o falecemento
- Certificado de defunción e Derradeiras Vontades
- Copia autorizada do testamento (simple no seu defecto)
- Datos dos herdeiros
- Títulos que acrediten a propiedade dos bens:
- Inmobles, I.B.I., documentación, referencias catastrais tanto rústicas como urbanas, etc…
- En valores mobiliarios, contas correntes, etc…, certificados e extractos bancarios
- Seguros de vida, préstamos, documentación vehículos etc.
Herdanzas.
- Certificado de defunción e de Derradeiras Vontades
- Copia autorizada do testamento ou Acta de Declaración de Herdeiros Ab Intestato.
- Datos dos herdeiros.
- Bens do causante ou falecido (se son bens inmobles, aportar o IBI, se son contas correntes aportar certificados bancarios, etc…)
- Imposto de Sucesións.
Testamentos.
- D.N.I. do testador
- Filiación completa que inclúe data e lugar de nacemento, nomes dos pais e se viven, estado civil, e no seu caso, nome do cónxuxe, e nomes dos fillos, ou no seu caso ascendentes.
Poderes.
- XERAIS: D.N.I. do poderdante, datos do apoderado, nome, estado civil, domicilio e D.N.I. se se coñece con certeza.
- PARA PLEITOS: D.N.I. do poderdante, nome dos letrados e procuradores e colexio ao que pertencen.
- DE SOCIEDADE MERCANTIL: Poderes do representante e datos do apoderado.
Comments are closed.