Reforma do imposto de sucesións en Galicia 2016
Desde o 1 de xaneiro de 2016 coa entrada en vigor da Lei 13/2015, modifícase en Galicia o imposto de sucesións, con importantes vantaxes para os herdeiros e para planificar a sucesión e transmitir os bens a fillos ou cónxuxe, mediante a apartación e mellora da herdanza en vida, cunha redución moi importante na tributación. Esta reforma do imposto de sucesións en Galicia 2016 ten as seguintes vantaxes.
Novidades e vantaxes da reforma
- Elévase en Galicia o mínimo exento de tributación no imposto de sucesións a 400.000 euros para ascendentes e descendentes, fronte aos anteriores 125.000 euros por cada herdeiro.
- Auméntase a redución por parentesco, para descendentes e adoptados, de ata un millón de euros.
- Redución por adquisición da vivenda habitual do causante mortis causa, polos seus descendentes ou adoptados, ascendentes ou adoptantes e colaterais, por consanguinidade, cun límite de 600.000 euros, e unha redución dun: 99% (Vivenda ata 150.000 euros), 97% (vivenda entre 150.001 e 300.000 euros) e 95% se o valor da vivenda é superior a 300.000 euros. Se a adquisición corresponde ao cónxuxe, a redución será do 100%.
- Dedución na cota tributaria do 99% para descendentes e adoptados menores de 21 anos.
Por tanto, herdar a vivenda habitual dos pais, unha leira no pobo e algo de diñeiro nunha conta bancaria, para os fillos non suporá o pago de cantidade algunha en concepto de imposto de sucesións, neste caso terase que presentar o modelo 650 detallando os bens e os datos persoais.
Máis información en Reforma do imposto de sucesións en Galicia 2016:
Imposto de sucesións e donacións en Galicia (Axencia Tributaria de Galicia)
Podes consultarnos para planificar a herdanza, ou tramitación do imposto de sucesións e beneficiarte da reforma do imposto de sucesións en Galicia 2016.
Comments are closed.